Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Viviana, Vivián
Nome mitolóxico
Pronuncia
Viviana:
Vivián:
Variantes
Etimoloxía e historia
Do latín Vivianus, derivado do xentilicio Vibius, correspondente ao etrusco Vipi. Por etimoloxía popular o nome Vivianus foi relacionado co verbo vivere e interpretado como nome augural cristián. Así se documenta de forma consistente nos textos medievais galegos. Vivián é un dos antigos nomes galegos que xa temos documentado no século XI e que sempre perdurou como apelido.
Motivación
Viviana (ou Niniana) é a Dama do Lago do lendario ciclo artúrico, unha meiga sedutora que aprendera as artes da maxia de Merlín, a quen deixou encerrado de por vida nunha cova. Despois raptou a Lanzarote, educouno e levouno a Camelot para ser armado cabaleiro. Tras a morte de Merlín, Viviana convértese en conselleira do rei Artur, a quen lle proporcionou a espada Excálibur.
Houbo tamén unha santa Viviana (século IV), mártir romana, e un san Vivián (século VI), bispo de Saintes (Francia).
Chamáronse así
Bibiano Fernández Osorio-Tafall (Salcedo 1902-México 1990), doutor en ciencias naturais e secretario da Misión Biolóxica de Pontevedra. Como alcalde de Pontevedra en 1932 presidiu a Asemblea de Municipios en Santiago para a redacción do Estatuto de Galicia que se plebiscitaría en 1936. No seu exilio, tras a guerra civil española, foi profesor en México e desempeñou importantes cargos na ONU.
Bibiano Morón (1950-2016), cantautor galego coñecido como Bibiano; formou parte do colectivo Voces Ceibes e gravou temas en galego de carácter político-social.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Vivian | Viviane |
Bretón | Viviane | |
Español | Viviana | |
Éuscaro | Bibiñe | |
Francés | Viviane | |
Inglés | Vivien | Vivian |
Portugués | Viviana |
Antes e despois de Viviana
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]