Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Túbal
masculino
Nome bíblico
Etimoloxía e historia
Nome bíblico que aparece na Xénese (4,22), Túbal-kain. A segunda parte do nome perdeuse por crerse que representaba a Caín, de quen Tubalcaín descendía.
Motivación
Túbal, segundo a historia mítica, foi o primeiro poboador da Península Ibérica. Cóntase que chegou a ela por mar 84 anos despois do diluvio universal “procedente dos campos de Sennar”, rexión de Mesopotamia. O historiador romántico galego Benitto Vicetto consideraba que Túbal —fillo de Iafet e neto de Noé— desembarcara preto da foz do río Texo, na baía de Setúbal. Sería o fundador da raza tubalita, que despois se espallaría pola Península; un dos seus descendentes, Brigo, sería o primeiro poboador de Galicia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Tubal | |
Éuscaro | Tubal | |
Portugués | Túbal |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]