Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Salomé
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Salomé:
Hipocorísticos
Femininos Salo
Etimoloxía e historia
Helenización do nome feminino arameo Xalôm, que probablemente, por etimoloxía popular, se relacionaba con xalôm 'paz', pero que máis ben debe ter que ver coa raíz verbal xalam 'substituír'. O significado orixinario do nome sería 'Deus substituíu', que sería imposto a nenos nacidos despois dun fillo morto, ao cal 'substituirían'. Foi considerado tamén como a forma feminina de Salomón.
Motivación
Salomé, segundo o evanxelista san Marcos, era filla de Herodías, a muller de Herodes Antipas, a quen lle pediu, inducida pola nai, a cabeza de Xoán o Bautista como recompensa por unha danza. O Bautista denunciara a unión incestuosa de Herodías co seu tío Herodes.
Santa María Salomé era a esposa do Cebedeo, nai de Santiago o Maior e do evanxelista Xoán; foi unha das mulleres que acompañou a Cristo na cruz e que despois foi visitar o seu sartego baldeiro.
O episodio da danza de Salomé e da cabeza do Bautista inspirou a moitos artistas —escultores e pintores— ao longo da historia; tamén a escritores e a músicos: Chaumont, Eugène Sue, Heine, Mallarmé, O. Wilde, Apollinaire, R. Strauss etc.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Salome | |
Catalán | Salomé | |
Español | Salomé | |
Éuscaro | Salome | |
Francés | Salomé | |
Inglés | Salome | |
Italiano | Salomè | |
Portugués | Salomé | |
Romanés | Salomeea | |
Ruso | Salomia | |
Salomea |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Salomé
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]