Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Sadurniño, Sadurniña
Nome cristián
Pronuncia
Sadurniño:
Variantes
Masculinas Saturnino
Hipocorísticos
Másculinos tuno
Etimoloxía e historia
Do latín Saturninus 'pertencente a Saturnus', do latín Saturnus, o deus máis antigo do Lacio, posteriormente identificado co Krónos grego. Pola proximidade con satus 'sementeira', e por etimoloxía popular, converteuse no deus das sementeiras. É posible que o santo fantástico San Serenín sexa unha deformación importada deste nome.
Motivación
San Sadurniño (século III) foi o primeiro bispo da cidade occitana de Tolosa (Toulouse en francés). Natural de Patras, veu a Occidente predicar o evanxeo pola zona dos Pireneos, primeiro en Pamplona e despois en Tolosa, onde é patrón. A igrexa de Saint-Sernin de Tolosa é unha das obras sobranceiras da arquitectura románica, con notables semellanzas arquitectónicas coa catedral de Santiago.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Saturninus | |
| Catalán | Sadurní | |
| Español | Saturnino | |
| Éuscaro | Saturniñe | |
| Saturnino | Saturnina | |
| Zernin | ||
| Saturdi | ||
| Satordi | ||
| Francés | Saturnin | |
| Sernin | ||
| Inglés | Saturninus | |
| Italiano | Saturnino | |
| Portugués | Saturnino |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




