Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nazaré
feminino
Nome cristián
Variantes
Femininas Nazaret
Etimoloxía e historia
Do grego Nazaréth a través do latín Názareth, adaptacións do antigo hebreo para esta cidade de Palestina: *Nasrat, que significaba 'a gardiá, a gardadora'.
Motivación
Así como o topónimo Belén pasou a ser nome de pía para mulleres cristiás por ser o lugar onde naceu Cristo, Nazaré tamén o é debido a que nela tiñan a súa morada os esposos María e Xosé, co seu fillo Xesús. Na actualidade Nazareth (en hebreo Natzrat) é unha cidade situada no norte do estado de Israel, en Galilea; nela consérvase a igrexa da Anunciación, construída onde se supón que estaba a casa dos pais de Xesús.
Nazaré é tamén unha vila da Estremadura portuguesa, que parece ser que tomou o nome da cidade palestina.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Nazareth | |
Catalán | Natzaret | |
Español | Nazaret | |
Francés | Nazareth | |
Inglés | Nazareth | |
Portugués | Nazaré |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]