Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Mercé
feminino
Nome cristián
Variantes
Hipocorísticos
Femininos Merche, Merce, Chiruca, Xiruca
Etimoloxía e historia
Nome da Virxe desta advocación, do catalán Mare de Deu de la Mercé 'Madre de Deus da Mercé', patroa de Barcelona desde 1637. A palabra mercé é descendente semiculto do latín merces, -edis ‘paga, recompensa’, derivado de merx, mercis (‘mercadoría’); despois pasaría a significar 'misericordia, perdón'.
Motivación
A orde militar da Mercé fundouse en 1218 en Barcelona para a redención de cativos en terras islámicas. O seu fundador foi san Pedro Nolasco. O primeiro templo á Virxe da Mercé data de mediados do século XIII. Despois dunha praga de lagosta, en 1637 o Concello de Barcelona proclamou a Virxe da Mercé patroa da cidade en substitución de santa Baia. En 1696 o papa Inocencio XII espallou o seu culto a toda a Igrexa.
Chamáronse así
En Galicia lembramos a mestra e xornalista Mercedes Vieito (1887-1960), nacida en Cuba, defensora da identidade cultural galega, a e pintora e escritora Mercedes Ruibal (1928-2003).
A marca alemá de automóbiles de luxo Mercedes-Benz ten a súa orixe no nome de Mercédès Jellinek, filla do austríaco Emil Jellinek e da súa esposa Rachel, xudía de orixe sefardí. A principios do século XX, Jellinek era distribuidor en Austria dos automóbiles Daimler de Stuttgart e anotábaos co nome da súa filla; cunhas modificacións acabaría creando o novo modelo Mercedes-Benz.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Mercedes | |
Catalán | Mercè | |
Español | Mercedes | |
Éuscaro | Mesede | |
Eskarne | ||
Francés | Mercédès | |
Inglés | Mercedes | |
Italiano | Mercedes | |
Portugués | Mercedes | |
Mercês | ||
Romanés | Mercedia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Mercé
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]