Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Griselda
feminino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Nome medieval, probablemente de orixe literaria, creado por Bocaccio (século XIV), baseándose en elementos xermánicos: *gris, de significado non moi claro, quizais ‘espanto, terror’, e *hildi ‘combate’.
Motivación
Griselda é a protagonista dunha lenda medieval italiana: o marqués de Saluzzo, celoso marido dunha pobre labrega, sométea a durísimas probas, que ela supera grazas á súa bondade.
Boccaccio incluíu a lenda de Griselda no Decamerón e foi fonte de inspiración para diversas óperas do século XVIII.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Griselda | |
Español | Griselda | |
Inglés | Zelda | |
Griselda | ||
Italiano | Griselda | |
Portugués | Griselda |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Griselda
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]