Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Guadalupe
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Guadalupe:
Hipocorísticos
Femininos Lupe
Etimoloxía e historia
Do topónimo árabe Wadi al-lub, que significa 'río agochado' ou 'río do lobo'.
Motivación
O santuario da Virxe de Guadalupe está situado na serra de Las Villuercas (Estremadura), xunto ao río Guadalupe. Ten a súa orixe nunha lenda do século XII segundo a cal un pastor chamado Gil Cordero buscaba unha vaca que se lle perdera; cando a atopou morta tamén se lle apareceu a Virxe manifestándolle o seu desexo de ter unha ermida naquel lugar. Tras a vitoria do Salado contra os musulmáns, o rei Afonso XI mandou construír alí un mosteiro que se transformaría nun dos máis importantes santuarios españois dos séculos XVI e XVII. A devoción pola Virxe de Guadalupe pasaría a México, a raíz das supostas aparicións da Virxe, en 1531, a Juan Diego, un pobre nativo, falándolle no seu propio idioma.
A Virxe de Guadalupe é patroa de Estremadura, de México e tamén de Rianxo, onde ten unha festa moi sonada; faise referencia a ela na coñecida canción A rianxeira.
Chamáronse así
Guadalupe Grande (1965-2021), poeta, ensaísta e crítica española.
Guadalupe Peña (1910-2002), escritora mexicana.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Lupe (hip.) | |
Guadalupe | ||
Italiano | Guadalupe | |
Portugués | Guadalupe |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Guadalupe
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]