Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Espártaco
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Do grego Spártakos, de etimoloxía discutida. Tense proposto que é unha derivación do grego spárton ‘corda, soga’, interpretado como ‘cordeiro’ ou, máis probablemente, do tracio sparas ‘lanza’ e takas ‘famoso’.
Motivación
Entre o 73 e o 71 a. C. o escravo e gladiador tracio Espártaco rebelouse contra a República romana con outros douscentos gladiadores, e conseguiu que se lle fosen sumando escravos fuxidos de toda a península itálica ata conformar un exército de 50.000 a 70.000 homes. Durante os case tres anos que durou a chamada Guerra dos Gladiadores foi quen de derrotar en numerosas batallas as disciplinadas lexións romanas. Finalmente foi vencido por Craso en Calabria, e o Estado romano crucificou seis mil escravos na Vía Apia para que servise de escarmento a outros rebeldes; o corpo do tracio nunca foi identificado.
Aínda que nada se sabe do seu ideario, Espártaco quedou como un dos símbolos universais da loita contra a escravitude e a favor da liberdade. A súa figura inspirou moitas obras escultóricas e pictóricas ao longo da historia, e tamén literarias (novelas) e, máis modernamente, cinematográficas: a máis coñecida foi Spartacus (1960), de Stanley Kubrick, protagonizada por Kirk Douglas. En 1922 fundouse en Rusia o F.C. Spartak de Moscova, club de fútbol chamado así na súa honra.
Espartaco, subtitulado Periódico antifascista foi un periódico editado en Ourense entre 1935 e 1936. Nas súas páxinas colaboraban antigos trotskistas, mozos socialistas e comunistas, e membros das Mocedades Galeguistas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Spartacus | |
Catalán | Espàrtac | |
Español | Espartaco | |
Éuscaro | Espartako | |
Inglés | Spartacus | |
Italiano | Spartaco | |
Portugués | Espártaco |
Antes e despois de Espártaco
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]