Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Emilia, Emilio
Nome cristián
Pronuncia
Emilia:
Emilio:
Variantes
Hipocorísticos
Másculinos Milio, Miluco, Miloco, Milocho, Milucho, Lucho
Femininos Mila, Miluca, Milucha, Lucha
Etimoloxía e historia
Nome clásico romano difundido no Renacemento. Vén do latín Aemilius e a súa orixe é discutida: quizais proveña do nome persoal etrusco Aemus ou Aimos. A variante feminina Milia xa se documenta en 1451.
Motivación
Houbo polo menos catro mártires e santos con este nome: un en África (século II) durante o imperio de Septimio Severo; outro en Capua (Italia), do século IV; outro na illa de Córsega xunto a san Fiz, Luciano e Príamo; e outro en Córdoba no século IX.
Entre as santas están santa Emilia de Lión, mártir do século II; santa Emilia de Vercelli (Italia), do século XIV; e santa Emilia de Rodat (Francia), séculos XVIII-XIX.
Contribuíu á difusión do nome o tratado sobre a educación Emilio ou Da educación, publicado por J. J. Rousseau en 1762.
Chamáronse así
O historiador e político Emilio González López (A Coruña, 1903 - Nova York, 1991), deputado na II República e un dos promotores do Estatuto de Galicia; exiliado como consecuencia da derrota republicana na guerra civil española, deu clases de historia de España e de Galicia na Universidade de Nova York. Restaurada a democracia en España, en 1991 foi nomeado Cronista Oficial de Galicia.
Emilio Álvarez Giménez (Puebla de Sanabria 1830 - Pontevedra 1911), dramaturgo e político ligado ao liberalismo e ao rexionalismo galego.
Na forma feminina destaca a escritora galega en lingua castelá Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851 - Madrid, 1921), introdutora do naturalismo en España; a súa obra novelística, sobre todo a de temática galega, é recoñecida internacionalmente; foi tamén xornalista, crítica literaria, tradutora, editora e defensora dos dereitos das mulleres.
A escritora Emilia Calé Torres (A Coruña, 1837 - Santiago, 1908) cultivou todos os xéneros literarios e acadou sona como poeta; foi unha das poucas mulleres nomeadas correspondentes pola Real Academia Galega na súa fundación (1906).
A viguesa Emilia Docet (1915-1995), deportista, modelo, Miss Galicia e Miss España en 1933; activa militante do Partido Galeguista, a propaganda que conseguiu cos seus títulos levouna a participar no mítin das Arengas, acto de exaltación de Galicia nas véspera do 25 de xullo; tamén participou en actos públicos do PG a favor do Estatuto Galego de 1936.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Emil | Emilie |
Catalán | Emili | Emília |
Español | Emilio | Emilia |
Éuscaro | Emiri | |
Milia | ||
Emilio | Emilia | |
Emili | ||
Emilli | Emille | |
Francés | Emil | Emilie |
Inglés | Emil | Emily |
Italiano | Emilio | Emilia |
Portugués | Emílio | Emília |
Romanés | Emil | Emilia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Emilia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]