Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Cristián
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Christianus e este do grego Khristianós 'seguidor de Cristo'. Cristo era o segundo nome de Xesús, e procede do grego Khristós, latinizado en Christus, derivado do verbo khríein 'unxir con óleo', calco semántico do hebreo bíblico Mâxiah 'o unxido', 'o escolleito por Deus', 'o Mesías'.
Motivación
Nome habitual de homes das cortes reais de Dinamarca, Suecia, Noruega, Alemaña e Austria, a partir do século XV. Un dos máis famosos foi o rei Cristián IV de Dinamarca, que tomou parte activa, entre 1625-1629, na Guerra dos Trinta Anos. Talvez estes personaxes tomaron o nome dun san Cristián, eremita polaco dos século X-XI.
Chamáronse así
O poeta alemán Johann Christian F. Hölderlin (1770-1843) e o escritor dinamarqués Hans Christian Andersen (1805-1875).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Christian | Christiane |
Catalán | Cristià | |
Español | Cristián | |
Éuscaro | Kristian | |
Francés | Christian | |
Inglés | Christian | |
Italiano | Cristian | |
Portugués | Cristian | |
Cristiano | ||
Romanés | Christian | |
Ruso | Hristian |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Cristián
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]