Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Begoña
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Begoña:
Etimoloxía e historia
De orixe toponímica, o nome de lugar ten unha etimoloxía discutida. Tense proposto unha segmentación bego oina ‘estea aos seus pés’, pero a Eskaultzaindia considéraa sen base. Segundo Patxi Salaberri, os topónimos rematados en -oña adoitan proceder de nomes de persoa (como Argandoña, ‘a propiedade de Argantonius’). Este topónimo designa un outeiro próximo a Bilbao onde se encontra situado o santuario dedicado á Nosa Señora de Begoña, erixido no século XVI.
Motivación
A Nosa Señora de Begoña é a patroa do señorío de Biscaia. O seu santuario está situado preto de Bilbao e formou parte do perímetro defensivo desta cidade durante os asedios carlistas do século XIX. O xeneral carlista Zumalacárregui foi ferido mortalmente neste lugar en 1835.
Chamáronse así
Begoña Caamaño, xornalista e escritora viguesa (1964-2014), tratou na literatura galega a mitoloxía grega (Circe ou o pracer do azul) e a materia de Bretaña (Morgana en Esmelle) con perspectiva de xénero.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Begonya | |
Español | Begoña | |
Éuscaro | Begoña |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Begoña
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]