Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Aleixa, Aleixo
Nome cristián
Pronuncia
Aleixo:
Variantes
Hipocorísticos
Másculinos Leixo
Etimoloxía e historia
Do grego Aléxios 'defensor, protector'.
Motivación
Santo Aleixo (séculos IV-V) era, segundo a lenda, fillo de patricios romanos que renunciou ao matrimonio o mesmo día do seu casamento para marchar de peregrinación a Siria. Despois volvería para vivir pobremente baixo a escaleira da casa de seus pais, polo que sería chamado “o pobre da escaleira”.
Este nome popularizouse na Idade Media pola devoción ao santo deste nome.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Alexius | |
Alexis | ||
Catalán | Aleix | |
Español | Alejo | |
Éuscaro | Alexo | |
Francés | Alexis | |
Inglés | Alexis | |
Italiano | Alessio | |
Portugués | Aleixo | |
Romanés | Alexe | |
Ruso | Alekseï |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Aleixa
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]