Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Alda
feminino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Hai varias posibles orixes para este nome: o elemento xermánico ald ‘vello’, procedente da raíz alds ‘tempo’, ‘era, época’, ou unha forma con metátese de adal ‘nobre’, ou ben unha confluencia dos dous.
Motivación
Alda é o nome da prometida do heroe carolinxio Roldán, n'O Cantar de Roldán (século IX), que morre ao recibir a noticia da morte deste.
Tamén hai unha santa Alda de París, monxa en Siena.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Alda | |
Español | Alda | |
Francés | Aude | |
Inglés | Alda | |
Italiano | Alda | |
Portugués | Alda |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]