Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Aldara
feminino
Personaxe histórico
Pronuncia
Aldara:
Variantes
Etimoloxía e historia
Antigo nome galego de orixe xermánica, resultante da confluencia de varias raíces góticas: alds ‘tempo’, ‘era, época’ ou *hildi ‘loita’, en primeiro lugar, e en segundo *waran ‘gardar, protexer’. Nos nosos textos medievais aparecen as variantes Eldara, Elduara, Ilduara e Alduara, entre outras.
Motivación
Santa Aldara ou Ilduara Eriz, tamén coñecida como Aldara de Celanova, foi unha das aristócratas galegas máis importantes de finais do século IX e principios do X. Era filla dos condes de Lugo, Ero Fernández e Adosinda. Casou con Goterre Méndez e tiveron seis fillos, entre eles o futuro san Rosendo de Celanova. Pertencía a unha estirpe emparentada cos reis galaico-leoneses, pois era nora de Afonso III o Magno, cuñada do rei de Galicia Ordoño II e tía do rei galego Sancho Ordóñez e mais dos galaico-leoneses Afonso IV e Ramiro II. Fundou comunidades monacais que foron o alicerce do monacato galego impulsado polo seu fillo, e gozou dunha cultura ampla.
Chamáronse así
Sor Aldara de Figueiroa, abadesa de Santo André de Órrea, e sor Eldara Sánchez, abadesa de San Pedro de Vilanova, foron dúas das catorce abadesas bieitas galegas —as chamadas donas touquinegras— que se opuxeron con firmeza á supresión dos conventos femininos galegos e á centralización iniciada en 1487 pola raíña Isabel I de Castela. Estas monxas rebeldes enfrontáronse durante trinta anos a dúas raíñas e a dous reis de Castela e a catro papas. Foi un dos episodios da “doma” do reino de Galicia de finais do século XV e principios do XVI, que non se deu noutros reinos, e que remataría coa supresión dos mosteiros femininos galegos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Ilduara | |
Español | Ilduara | |
Éuscaro | Elduara | |
Portugués | Ilduara | |
Aldara |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Aldara
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]