Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Alberte, Alberta
Nome cristián
Pronuncia
Alberte:
Alberta:
Etimoloxía e historia
De orixe xermánica e procedencia posiblemente francesa, composto polos elementos góticos athal ‘nobreza’ e bairthts ‘claro, brillante; célebre, famoso’. Documéntase nos textos galegos desde o século X. A forma galega Alberte documéntase desde o século XII.
Motivación
Santo Alberte o Magno ou o Grande (1206-1280), natural de Colonia (Alemaña), ensinou teoloxía en Colonia e en París e foi un dos grandes doutores da Igrexa católica. O papa Pío XII declarouno patrón dos investigadores das ciencias naturais. É patrón, así mesmo, das facultades de Matemáticas, Física, Química e Bioloxía.
Tamén houbo un santo Alberte de Lovaina (século XII) e outro de Xerusalén (século XIII).
Na literatura galega lembramos As aventuras de Alberte Quiñoi (1972), do mestre e escritor estradense Manuel García Barros.
Chamáronse así
O pintor e gravador alemán Albrecht Dürer (1471-1524); o científico Albert Einstein (1879-1955); o escritor francés Albert Camus (1913-1960); e o escritor italiano Alberto Moravia (1907-1990).
Alberto Insua (1883-1963), escritor e xornalista, e Alberto Vilanova Rodríguez (1910-1985), ensaísta e profesor, ambos os dous membros correspondentes da RAG.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Albrecht | |
Albert | ||
Catalán | Albert | Alberta |
Español | Alberto | Alberta |
Éuscaro | Alberto | |
Francés | Albert | |
Inglés | Albert | |
Italiano | Alberto | |
Portugués | Alberto | Alberta |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]