Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Aitana
feminino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Nome dun pico situado ó norte de Alacant que dá nome a unha serra, próxima ó mar. É de orixe etimolóxica incerta, posiblemente proceda do nome dos poboadores prerromanos nunha zona desde o Ebro ata Cartaxena, os Edetani, nomeados por Estrabón, con evolución propia do mozárabe.
Motivación
A serra de Aitana foi o último que Rafael Alberti viu da península cando partiu en barco para o exilio, despois da derrota republicana. Difundiuse como nome persoal despois de que o poeta llo puxese á súa filla, e a partir de alí diversos personaxes coñecidos, como a súa afillada a actriz Aitana Sánchez-Gijón.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Aitana | |
Español | Aitana |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]