Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Agripina
feminino
Personaxe histórico
Pronuncia
Agripina:
Etimoloxía e historia
Do latín Agrippina, forma feminina de Agrippa, nome que se lles poñía aos nenos que nacían en posición podálica, é dicir, que botaban primeiro os pés, 'que nacían de pé'.
Motivación
Varias mulleres da nobreza imperial romana levaron este nome, sendo a máis famosa delas Xulia Agripina Menor, nai de Nerón. A súa historia inspirou a Jean Racine na traxedia Británico (1669).
Santa Agripina foi mártir en Roma baixo o emperador Valeriano (século III).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Agrippina | |
Español | Agripina | |
Éuscaro | Agripina | |
Francés | Agrippine | |
Inglés | Agrippina | |
Italiano | Agrippina | |
Portugués | Agripina | |
Romanés | Agripina | |
Ruso | Agripina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]