Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Aida
feminino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Este nome feminino difundiuse a partir do enorme éxito da ópera de Giuseppe Verdi (1871). Aínda que a protagonista é etíope, o antropónimo parece ser de orixe exipcia: foi escollido polo exiptólogo Auguste Mariette, autor do argumento, quen o adaptou do antigo nome 'Iiti ‘ela chegou’.
Motivación
Estreada en Exipto, os principais personaxes da ópera son Aida, escrava filla do rei etíope, namorada de Radamés, un xeneral exipcio, de quen pola súa parte está namorada Amneris, a filla do faraón.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Aida | |
Catalán | Aïda | |
Español | Ada | |
Éuscaro | Aida | |
Francés | Aïda | |
Inglés | Aida | |
Italiano | Aida | |
Portugués | Aida | |
Romanés | Aida |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]