Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Agostiño, Agostiña
Nome cristián
Pronuncia
Agostiño:
Véxase Orosio
Variantes
Masculinas Agostín
Hipocorísticos
Másculinos Agosto, Chiño
Etimoloxía e historia
Do latín Augustinus, derivado de Augustus 'de bo agoiro, venerable'.
Motivación
Santo Agostiño (354-430), bispo de Hipona (norte de África), foi un dos catro doutores da Igrexa latina. Antes da súa tardía conversión ao cristianismo fora seguidor do maniqueísmo. Relacionouse co presbítero galaicorromano Paulo Orosio, un dos grandes escritores da antiga Gallaecia en lingua latina, que o visitou no ano 414. Escribiu A cidade de Deus —parece ser que axudado por Orosio— e defendeu a síntese entre a cultura clásica e a cristiá. Era unha época na cal os intelectuais pagáns atribuían ao avance do cristianismo as desgrazas e calamidades do momento, como a invasión dos pobos “bárbaros”. Para rebater estas opinións, Agostiño animou o historiador galaico a escribir unha historia universal en que se demostrase, entre outras cousas, que as calamidades viñan desde tempos inmemoriais (véxase Orosio).
Chamáronse así
Agustín Fernández Paz (Vilalba 1947 - Vigo 2016), escritor de literatura infantil e xuvenil traducido a moitos idiomas. Entre outros, recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (2008).
Agustín Sixto Seco (1926-2004), médico e intelectual galeguista e membro correspondente da Real Academia Galega.
Agostinho Neto (1922-1979), médico e poeta, primeiro presidente da República de Angola (1975-1979).
Agustina Carolina Otero Iglesias (1868-1965), ‘Carolina Otero’, natural de Valga, coñecida como a Bela Otero, bailarina, cantante e actriz residente en Francia, de grande éxito no París da Belle Epoque.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Augustin | |
Augustinus | ||
Catalán | Agustí | Agustina |
Español | Agustín | Agustina |
Éuscaro | Austitza | |
Augustiñe | ||
Austin | Austiza | |
Mustio | ||
Agustin | Agustina | |
Augustin | Augustine | |
Francés | Augustin | |
Inglés | Austin | |
Augustine | ||
Italiano | Agostino | |
Portugués | Agostim | |
Agostinho | Agostinha | |
Romanés | Augustin |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]