Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Agar
feminino
Nome bíblico
Etimoloxía e historia
Do hebreo Hagar 'fuga', 'fuxitiva'. Adaptouse ao grego e ao latín como Agar.
Motivación
Na Biblia, Agar era a escrava exipcia de Sara, a muller do patriarca Abrahán, que ao non poder concibir, pediulle ao seu home que tomase a súa serva para ter descendencia. Así o fixo Abrahán e Agar quedou embarazada de Ismael, considerado pai do pobo árabe (os agarenos ou ismaelitas).
Agar —cunha etimoloxía distinta— é tamén un nome de lugar galego existente nos concellos da Estrada, Muxía e Mazaricos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Agar | |
Español | Agar | |
Éuscaro | Agara | |
Agar | ||
Francés | Agar | |
Inglés | Hagar | |
Italiano | Agar | |
Portugués | Agar |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Agar
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]