Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Agapito
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Agapito:
Hipocorísticos
Másculinos Tito
Etimoloxía e historia
Procede do grego agapētós 'amable, amado' ou tamén 'amigo íntimo'.
Motivación
Santo Agapito (século III) foi un mozo romano martirizado en Palestrina (Italia) en tempo do emperador Aureliano. Santo Agapito I (século VI) foi papa.
Chamáronse así
Agapito Serra Fernández, nado na segunda metade do século XIX e finado en Portugal en xullo de 1939, empresario e filántropo galego instalado en Lisboa e promotor da construción do Bairro da Estrela desta cidade.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Agapitus | |
Catalán | Agapit | |
Español | Agapito | |
Éuscaro | Agapeto | |
Francés | Agapit | |
Inglés | Agapitus | |
Italiano | Agàpito | |
Portugués | Agapito | |
Romanés | Agapia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Agapito
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]