Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Abrahán
masculino
Nome bíblico
Pronuncia
Abrahán:
Variantes
Masculinas Abrán
Etimoloxía e historia
Do hebreo ‘Abhrâm, formado por ab 'pai' e ram 'alto, excelso'. Polo tanto, ‘Abhrâm quere dicir 'o Pai é excelso' ou ben 'de nobre estirpe'.
Motivación
Personaxe bíblico descendente de Sem, fillo de Noé, patriarca dos pobos árabes —a través do seu fillo Ismael, nacido da súa escrava exipcia Agar— e hebreo —a través do seu segundo fillo Isaac, concibido pola súa esposa Sara—. A Biblia preséntao como exemplo de docilidade ante Deus, tanta que, cando este llo pediu, non dubidou en dispoñerse a sacrificar o seu fillo Isaac. No último momento, un anxo enviado polo Señor impediría o sacrificio.
Chamáronse así
Abraham Lincoln, presidente dos Estados Unidos de América de 1861 a 1865, que aboliu a escravitude no seu país.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Abraham | |
Árabe | Ibrahim | |
Catalán | Abraham | |
Español | Abrahán | |
Éuscaro | Abraham | |
Francés | Abraham | |
Inglés | Abraham | |
Italiano | Abramo | |
Portugués | Abraham | |
Abraão | ||
Romanés | Avram | |
Ruso | Avram |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]