Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Óscar
masculino
Nome literario
Pronuncia
Óscar:
Etimoloxía e historia
É nome de etimoloxía discutida; uns din que xermánica, a través dunha forma nórdica, e outros gaélica.
Motivación
O nome difundiuse a partir do século XVIII polos poemas de James Macpherson, quen chamou así ao fillo de Osián, o presunto autor dos antigos poemas gaélicos publicados por este poeta escocés, que se fixo pasar por tradutor deles.
Todo parece indicar que o espallamento deste nome polo continente europeo debe relacionarse coa moda do ossianismo, nos séculos XVIII e XIX.
Con todo, tamén houbo un santo Óscar (século IX) que, aínda que naceu en Amiens (Francia), considérase o apóstolo evanxelizador dos escandinavos. Hoxe é patrón de Dinamarca.
Óscar é tamén o nome dos premios anuais que, desde 1928, outorga a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de Hollywood (Los Ángeles, EEUU); ao parecer o nome llo dera a secretaria da Academia, quen, ao ver a pequena estatua dos premios, exclamou: “Parece o meu tío Óscar!”.
Chamáronse así
Dous monarcas nórdicos: Óscar I de Suecia e Noruega, francés de orixe (era fillo do xeneral francés Bernardotte, que o precedeu no reinado). Reinou de 1844 a 1859 e pasou á historia pola súa tolerancia e ansia de afianzar as reformas de carácter liberal.
Óscar II de Suecia e Noruega, terceiro fillo do anterior, gobernou de 1872 a 1905; mantivo a paz e foi un distinguido escritor e afeccionado á música. Ao final do seu reinado, en 1905, produciuse a independencia de Noruega, de maneira pacífica.
O escritor inglés de orixe irlandesa Oscar Wilde (1854-1900); os pintores Óscar Domínguez (1906-1957), español, e Oskar Kokoschka (1886-1980), austríaco; o arquitecto brasileiro Oscar Niemeyer (1907-2012), construtor de Brasilia; e o arcebispo salvadoreño Óscar Arnulfo Romero, asasinado en 1980 por militares do seu país, que foi considerado mártir e santo antes pola Igrexa anglicana que pola católica.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Oskar | |
Catalán | Óscar | |
Oscar | ||
Español | Óscar | |
Éuscaro | Oskar | |
Francés | Oscar | |
Inglés | Oscar | |
Italiano | Oscar | |
Portugués | Óscar |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]