Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
sacar Para todas as acepcións SINÓNIMO quitar verbo transitivo1 Facer que [algo ou alguén] deixe de estar co que estaba ou con quen estaba, sobre o que estaba etc. Saca todos os libros de enriba da mesa. SINÓNIMOS apartar, retirar, tirar Vou sacar o xersei, que teño calor. ANTÓNIMO poñer Saca as tesoiras do caixón. SINÓNIMO tirar2 Separar ou extraer [unha cousa] daquilo do que forma parte. A augardente sácase do bagazo. SINÓNIMOS obter, tirar Sacoulle a tona ao leite.3 Levar [algo ou alguén] para fóra dun lugar pechado. Nunca o saca da casa. Sacar o gato de paseo.4 Deixar a alguén sen [certa cousa ou persoa] contra a súa vontade. Sacáronlle o reloxo do peto. SINÓNIMOS levar, roubar, tirar Sacáronme as ganas de ir de excursión. Moi amigos, moi amigos, pero sacoulle a moza. Sacáronlle a licenza.5 Facer que [unha cousa] desapareza ou deixe de estar onde estaba. A semana pasada sacaron esa obra do repertorio. SINÓNIMOS retirar, tirar Con este produto non podemos sacar as manchas da parede. SINÓNIMO tirar6 Facer o necesario para obter [o que se expresa]. Sacar o carné de conducir. Sacar o pasaporte. SINÓNIMO tirar7 Obter, conseguir. Sacar proveito. Sacar conclusións. SINÓNIMO tirar8 Facer que [alguén] saia dunha determinada situación, condición etc. Sácame deste apuro! SINÓNIMO librar9 figurado Obter de alguén [unha información] con certa astucia. A el non llo digas, que lle sacan o segredo enseguida. SINÓNIMO tirar10 Obter a solución correcta de [algo]. Sacaches o problema? SINÓNIMO resolver11 Ter sobre alguén a vantaxe de. O gañador sacoulle dez puntos ao segundo.12 Botar para fóra [unha parte do corpo]. Saca peito!13 Adquirir [un billete, entrada etc.]. Saquei dous billetes de avión. SINÓNIMO coller14 Producir, imitar, inventar. Sacar unha nova moda. O modelo do vestido saqueino dun figurino.15 Soltar [unha porción de tecido] a unha peza de vestir, desprazando as costuras. Teslle que sacar uns centímetros á saia.16 Recoñecer ou identificar [unha persoa] polo seu parecido con alguén da súa familia. Non o coñecía, pero saqueino polos pais.17 Deporte Poñer en movemento [o balón ou a pelota] para iniciar ou continuar o xogo. Sacou o balón rapidamente. Tamén absoluto Sacou o capitán do equipo. CONFRÓNTESE tirar verbo intransitivo18 Cambiar de posición. Saca do medio. SINÓNIMO apartar verbo pronominal19 Abandonar certo modo de vida, en particular un vicio. Sacouse de beber.20 [Mancha] deixar de existir ou de ser visible ao lavala. As manchas de froita non se sacan. SINÓNIMOS arriar, dar, desaparecer, irse, quitarse, saír21 Cambiar de posición. Sácate da entrada. SINÓNIMOS apartarse, tirarse FRASES E EXPRESIÓNS CON sacar Saca de aí 1 Expresión coa que se rexeita algo que alguén di ou fai. Saca de aí, que es moi pequeno para facer iso. 2 Expresión que indica incredulidade. Que che custou trescentos euros? Anda, saca de aí! Sacar a bailar Convidar a bailar. Nada máis comezar a festa, xa a foi sacar a bailar. Sacar a cara por (alguén)Defendelo Que non espere que saquemos a cara por el, que non o merece. Sacar adiante 1Criar Sacounos adiante sen axuda de ninguén. 2 Levar a bo termo. Sacou adiante o negocio coa axuda do fillo. Sacar da boca (algo) VÉXASE boca Sacar do medio 1 Facer que [algo ou alguén] deixe de supoñer un problema ou estorbo. Acabei por acceder á súa petición, pero unicamente por sacalo do medio. SINÓNIMO quitar do medio 2Matar Sábese que foi un asasinato, o que falta saber é quen quería sacalo do medio. SINÓNIMO quitar do medio Sacar tallada VÉXASE tallada Sacar unha foto Fotografar, retratar ou retratarse. Sacou moitas fotos durante a viaxe. Sacar un peso de encima Librar ou librarse de algo penoso ou desagradable. Se te ocupas ti de organizar o encontro, sácasme un peso de encima. SINÓNIMO sacar un peso de enriba Sacar un peso de enriba Sacar un peso de encima. Sacoume un peso de enriba facéndose cargo do traballo. /pc/verbos/sacar.html
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: