Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
levar verbo transitivo1 Facer que [algo ou alguén] vaia ou chegue a un lugar determinado. O avión leva pasaxeiros e equipaxes. SINÓNIMO transportar Levaron os feridos aos hospitais máis próximos. SINÓNIMO trasladar2 Facer que [alguén] vaia cunha persoa a un lugar. Levou os fillos ao teatro.3 Estar nunha situación ou nun estado que se expresa. Leva vantaxe na carreira.4 Ter [algo ou alguén] sobre si ou telo de certa maneira. Quen é a muller da foto que leva o neno no colo?5 Poñer ou usar habitualmente [algo]. Leva as uñas moi longas. CONFRÓNTESE traer6 Facerse cargo de [algo]. Leva el os negocios da familia.7 familiar Recibir [golpes] como castigo por algo. Levar unha boa malleira. SINÓNIMOS apañar, cobrar, papar Tamén absoluto Como non cales, vas levar. SINÓNIMOS apañar, cobrar8 Recibir [un beneficio]. Levou unha boa educación.9 Precisar algo [determinado tempo ou traballo] para a súa realización. Esa viaxe leva polo menos tres días en tren.10(levar a) propio e figurado Ser unha persoa ou cousa o medio ou a causa que fai que [alguén] chegue a certo sitio, dun sitio a outro, ou a certo resultado. As súas investigacións levárono á solución do caso. O ditador levou o país á ruína. SINÓNIMO conducir Aquel episodio levouno ao suicidio. SINÓNIMOS conducir, empuxar CONFRÓNTESE impeler, inducir11 Matemáticas Reservar [unha cantidade que sobra nunha columna] e sumala ou restala na seguinte. Cinco máis cinco son dez e levo unha.12 popular Custar algo ou cobrar por algo, [unha determinada cantidade de diñeiro]. Arranxar a casa levoulle trinta mil euros. Levoume oitenta euros por repararme a lavadora.13 Deixar a alguén sen [certa cousa]. Leváronlle todo canto tiña. SINÓNIMOS quitar, roubar, sacar, tirar Enganchouno a máquina e levoulle o brazo. Este ano a froita levóunola toda a sarabia.14 Superar unha persoa a outra en idade, estatura etc., en [a cantidade que se expresa]. É máis novo ca el e case lle leva unha cuarta.15 Ter un recipiente capacidade para [certa cantidade] no seu interior. O garrafón leva dezaseis litros. CONFRÓNTESE conter16 Ter como ingrediente ou constituínte. Esta empanada leva bacallau e cebola.17 Servir un camiño para chegar a un lugar. Este atallo lévanos ata a súa casa. Tamén absoluto Este camiño leva á cidade. SINÓNIMO conducir18 Adquirir [algo] a cambio de diñeiro. Lévame unhas sardiñas, moza! SINÓNIMOS comprar, mercar19 Moverse de acordo con [un ritmo]. Levaba o compás cos pés.20 Entender o carácter ou o xenio de [alguén]. O avó é un roñón, pero Maruxa sábeo levar.21 Permanecer durante [un período de tempo] nun lugar ou situación. Levamos media hora na fila.22 Ser dono ou arrendatario de [unha propiedade]. Algunhas das súas leiras lévanllas os veciños.23 Manter actualizado [un libro, rexistro ou documento contable]. Unha xestora é quen leva os libros de contabilidade da fábrica. O libro maior é o libro principal que deben levar os comerciantes para rexistraren o movemento mensual das contas en forma sintética. verbo pronominal24 Manter boas ou malas relacións. OBSERVACIÓNS: Úsase xeralmente seguido dos adverbios ben, mal e expresións de significado semellante Lévase ben con todo o mundo. SINÓNIMO leirar, CONFRÓNTESE entenderse25 Estar de moda. Iso xa non se leva. SINÓNIMO estilarse Este ano lévase a roupa frouxa. FRASES E EXPRESIÓNS CON levar Levar (a alguén) a cabeza VÉXASE cabeza Levar a cabo VÉXASE cabo Levar a contra VÉXASE contra2 Levar a palma VÉXASE palma Levar as de ganar Ter moitas posibilidades de ganar, de saír ben asunto. Con esa vantaxe na carreira levas as de ganar. Levar as de perder Ter poucas posibilidades de ganar, de saír ben asunto. Non pelexes con el, que levas as de perder. Levar o demo (algo ou a alguén) VÉXASE demo Levar + part Indica que a acción expresada polo participio se terminou en repetidas ocasións ou se realizou dun xeito continuado durante un certo tempo, á vez que se pondera a cantidade acadada nesa acción. Leva feito moitas zocas. Leva lidos uns setenta folios do informe. Leva comida xa media empanada. Levar + xer Indica que a acción expresada polo xerundio, considerada na súa duración, ocorre desde hai certo tempo. Leva chovendo toda a semana. Levaba vivindo oito anos en Compostela. /pc/verbos/levar.html
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: