Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xoel
masculino
Nome bíblico
Pronuncia
Xoel:
Etimoloxía e historia
Do hebreo Yoh 'Deus', abreviatura de Yahweh, e 'El, abreviatura de 'Elohim 'Deus': 'Iavé é (o único) Deus'.
Motivación
Na Biblia, Xoel (século VIII a. C.) foi un dos doce profetas menores do Antigo Testamento, do reino de Xudá, que anunciou ao seu pobo probas terribles, como a destrución do mundo e o Xuízo Final. O seu carácter apocalíptico lembra o libro de san Xoán da Apocalipse.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Joel | |
Catalán | Joel | |
Español | Joel | |
Éuscaro | Joel | |
Francés | Joel | |
Inglés | Joel | |
Italiano | Gioele | |
Portugués | Joel |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]