Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xisela
feminino
Pronuncia
Xisela:
Etimoloxía e historia
A través do francés Gisèle, vén do xermánico, talvez con base en gisl 'frecha'. Tamén podería derivar de gisl 'arras'.
Motivación
Xisela era irmá de Carlomagno e nai de Rolán, froito ao parecer dos amores incestuosos co seu irmán. Foi canonizada como santa Isberga.
Santa Xisela (século XI) foi raíña de Hungría e esposa de santo Estevo; morreu en 1065 sendo abadesa en Passau (Alemaña).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Gisela | |
Catalán | Gisela | |
Español | Gisela | |
Éuscaro | Gisela | |
Francés | Gisèle | |
Giselle | ||
Inglés | Gisela | |
Italiano | Gisella | |
Portugués | Gisela |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]