Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xob
masculino
Nome bíblico
Etimoloxía e historia
Do hebreo Iyyobh, que pasou ao grego como Io'b e ao latín como Iob. Considérase derivado de 'ayah 'perseguir, aflixir', e de aí 'o perseguido, o aflixido'.
Motivación
Xob é un personaxe heroico do Antigo Testamento, unha figura mítica que encarna a paciencia infinita, pois seguiu confiando en Deus a pesar de que este permitira que o demo o tentase e que lle ocasionase todo tipo de calamidades, pois perdeu bens, familia, saúde e mesmo o escarneceron a muller e os amigos. De aí vén o dito “ter máis paciencia ca (o santo) Xob”. Ao final Iavé recompensouno dándolle o cento por un.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Hiob | |
Catalán | Job | |
Español | Job | |
Éuscaro | Job | |
Yoba | ||
Francés | Job | |
Inglés | Job | |
Italiano | Giobbe | |
Portugués | Job | |
Ruso | Iov |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]