Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xoaquín, Xoaquina
Nome cristián
Pronuncia
Xoaquín:
Xoaquina:
Variantes
Hipocorísticos
Másculinos Xoco, Xocas, Quino, Quinocho, Quin
Femininos Quinocha, Nocha
Etimoloxía e historia
Do hebreo Yohaquim, composto de Yah, abreviatura de Yahweh 'Deus', e posiblemente qum 'endereitar, erguer': 'Deus endereita, pon no bo camiño', a través do grego Ioakim e o latín Ioachim.
Motivación
O personaxe bíblico máis coñecido con este nome é san Xoaquín, esposo de santa Ana, pai de María e avó de Xesús de Nazaré. Outro Xoaquín foi o décimo nono rei de Xudá, que só reinou tres meses, pois no ano 580 a. C. foi deportado a Babilonia xunto co profeta Ecequiel, en tempos do emperador babilónico Nabucodonosor.
Chamáronse así
O pintor romántico Joaquín Vaamonde (1872-1900), membro da chamada Xeración Dorida de pintores, pois os seus integrantes morreron moi novos e case a un tempo no derradeiro terzo do século XIX: Ovidio Murguía, Jenaro Carrero e Ramón Parada Justel.
Máis nos nosos días, cómpre salientar o etnógrafo Xaquín Lorenzo ‘Xocas’ (1907-1989), a quen se lle dedicou o Día das letras Galegas de 2004.
Joaquina García García (1879-1939), inventora e empresaria galega do Porto do Son.
Xaquina Trillo (1916-2004), mestra e escritora de Vilagarcía de Arousa.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Joachim | |
Catalán | Joaquim | |
Español | Joaquín | |
Éuscaro | Joakim | Joakina |
Joaquim | Joaquina | |
Jokin | Jokiñe | |
Francés | Joachim | |
Inglés | Joachim | |
Italiano | Gioacchino | |
Portugués | Joaquim | |
Romanés | Ioachim | |
Ruso | Akim | |
Ioakim |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]