Este nome non se encontra na guía.
feminino
Apelativo
Nome dunha planta herbácea da familia das labiadas, con flores brancas ou purpúreas e un recendo intenso. Vén do latín nepĕta, e é semellante polo significado a outros nomes femininos de flores, como Rosa, Margarida, Malva ou Dalia.
Está presente no título dunha novela de Francisca Herrera Garrido, Néveda, publicada en 1920.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]