Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Herminia, Herminio
Nome cristián
Pronuncia
Herminia:
Herminio:
Variantes
Hipocorísticos
Femininos Minuca
Etimoloxía e historia
De orixe discutida, uns din que é de orixe xermánica, formado de *aírmans, aírmins ‘grande, ancho’, en relación con Ermin, semideus da mitoloxía nórdica. Hai tamén quen pensa que deriva do latín Herminius, nome dun guerreiro troiano (Virxilio, Eneida, XI, 642), ou en relación con Hermes, o deus grego mensaxeiro dos outros deuses.
Motivación
O Mons Herminius identifícase coa Serra da Estrela (Portugal) que deu nome a unha tribo que resistiu infrutuosamente o ataque de Xulio César, no 61 a. C., na campaña que rematou coa conquista de Brigantium.
Santo Herminio de Lobbes ou de Laon (séculos VII-VIII), bispo desta cidade francesa.
No poema de Torquato Tasso, Xerusalén liberada (c. 1580), ambientado no primeira cruzada (século XI) hai unha heroína chamada Herminia, namorada de Tancredo, que non lle corresponde.
Chamáronse así
En Galicia, Herminia Fariña Cobián (1904-1967), poeta e dramaturga.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Hermini | Hermínia |
Español | Herminio | Herminia |
Éuscaro | Ermiñe | |
Francés | Hermin | Herminie |
Italiano | Erminio | Erminia |
Portugués | Hermínio | Hermínia |
Romanés | Erminia |
Antes e despois de Herminia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]