Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Eirín
feminino
Nome mitolóxico
Véxase Erín
Etimoloxía e historia
Variante de Erín, o nome gaélico de Irlanda. Tamén é un topónimo galego (situado en Caldas de Reis), sen relación etimolóxica co anterior, porque este deriva probablemente dun nome de persoa latino, Agerinus. Ademais, coincide a forma cun nome escandinavo, usado sobre todo en Noruega, variante de Airin (coa mesma orixe etimolóxica ca Irene).
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]