Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Eire
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
É o nome irlandés de Irlanda (Éire), país que desde o Rexurdimento galego se ten posto en relación con Galicia polas afinidades culturais e pola reivindicación política. De orixe discutida, pode proceder do antigo irlandés Ériu, nome dunha deusa gaélica, que en última instancia significaría ‘terra de abundancia’. Outros estudosos pensan que vén dunha forma do gaélico escocés que significaría ‘illa do oeste’.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]