Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Bárbara
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Bárbara:
Etimoloxía e historia
Do grego Bárbara, feminino de Bárbaros 'estranxeiro, forasteiro'. É o nome dunha familia romana.
Motivación
Santa Bárbara (século III) foi unha santa oriental popularizada no século XII pola Lenda dourada de Jacopo della Voragine, unha compilación de vidas de santos moi difundida a partir do século XIII. Era natural de Nicomedia. O pai encerrouna nunha torre para evitar que se convertese ao cristianismo. Convertida por un sacerdote, para manifestar a súa crenza na Trindade abre na torre unha terceira xanela. Seu pai remata por decapitala, pero é fulminado por un raio misterioso caído do ceo. Invócase a súa protección en casos de risco, sobre todo nas tormentas (“acordarse de santa Bárbara cando trona”) e é patroa dos artilleiros, mineiros, fogueteiros e outros oficios de risco.
Chamáronse así
As estadounidenses Barbara Stanwyck (1907-1990), actriz, e Barbara McClintock (1902-1992), Premio Nobel de Medicina 1983.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Barbara | |
Bärbel | ||
Bretón | Barba | |
Catalán | Bàrbara | |
Checo | Barbora | |
Español | Bárbara | |
Éuscaro | Barbara | |
Francés | Babette (hip.) | |
Barbe | ||
Inglés | Barbie (hip.) | |
Babs (hip.) | ||
Bárbara | ||
Italiano | Barbara | |
Portugués | Bárbara | |
Romanés | Varvara | |
Barbara | ||
Ruso | Varvara | |
Sueco | Barbro |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Bárbara
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]