Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Anunciación
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Anunciación:
Hipocorísticos
Femininos Anuncia
Etimoloxía e historia
Do latín eclesiástico annuntiatio 'anunciación, anuncio', derivado de annuntiare, que á súa vez deriva de ad-nuntiare 'anunciar', composto por ad 'cara a, en dirección a' e nuntiare 'informar, notificar' (nuntius 'nuncio, mensaxeiro').
Motivación
Nome cristián que ten a súa orixe no anuncio do nacemento de Xesús ('Anunciación a María') relatado no Evanxeo de san Lucas; segundo este relato, o anuncio fíxose por medio do arcanxo san Gabriel, enviado por Deus.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Anunciació | |
Español | Anunciación | |
Éuscaro | Iragartze | |
Iragarne | ||
Deñe | ||
Anuntxi | ||
Italiano | Annunziata | |
Portugués | Anunciação |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Anunciación
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]