Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Anastasia, Anastasio
Nome cristián
Pronuncia
Anastasia:
Anastasio:
Variantes
Etimoloxía e historia
Do grego Anastásios, derivado de anástasis 'relativo á resurrección', popularizado polos primeiros cristiáns canto ao seu significado místico. Da forma feminina independizouse un antigo hipocorístico que xa hai varios séculos adquiriu por terras de Muros categoría de nome oficial: Tasia.
Motivación
Santo Anastasio (século VI), monxe bieito oriental, foi decapitado en Cesarea de Palestina durante a invasión do rei persa Cosroes.
Santa Anastasia de Roma (século II) recibiu martirio durante a persecución de Nerón.
Chamáronse así
Este foi o nome de emperatrices e princesas rusas. A derradeira, Anastasia Nicolaevna Romanova, era a filla máis nova do tsar Nicolao II e foi asasinada co resto da familia polos bolxeviques en 1918. A lenda de que Anastasia sobrevivira á Revolución rusa, vixente durante todo o século XX, contribuíu a popularizar este nome por toda Europa.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Natascha (hip.) | |
Nastasia | ||
Anastasius | Anastasia | |
Catalán | Anastasi | Anastàsia |
Español | Anastasio | Anastasia |
Éuscaro | Anastasia | |
Anastasio | Anastase | |
Francés | Anastase | Anastasie |
Inglés | Anastasia | |
Italiano | Anastasio | Anastasia |
Portugués | Anastácio | Anastácia |
Romanés | Anastasie | Anastasia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Anastasia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]