Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ágape
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do substantivo grego Agápē 'amor, cariño'. Os ágapes eran as comidas fraternais dos primeiros cristiáns.
Motivación
Ágape da Gallaecia (século IV) foi unha nobre galaica que propagou pola Península Ibérica doutrinas gnósticas —que tentaban conciliar o cristianismo coa filosofía clásica— e encabezou un grupo relixioso que practicaba a pobreza, a castidade e a abstinencia.
Santa Ágape de Antioquía foi unha santa grega, martirizada en Tesalónica.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Àgape | |
Español | Ágape | |
Inglés | Agape | |
Italiano | Agape | Agape |
Portugués | Ágape |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]