Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Dióxenes
masculino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Do grego Diogénēs, nome composto de Diós, 'Zeus' e un derivado da raíz *gen- 'xerar', 'nacer'; polo tanto significa 'nacido de Zeus'.
Motivación
O grego Dióxenes de Sinope (século IV a. C.) foi un filósofo cínico que vivía voluntariamente pobre como un marxinal radical. Parece ser que Alexandre Magno lle ofreceu o que quixese e el só lle pediu que se arredase, pois estáballe tapando a luz do sol. Sentía desprezo polos homes e, para deixalo ben patente, percorría as rúas de día cunha lanterna na man “buscando un home”.
San Dióxenes sufriu martirio en Macedonia, xunto a san Timoteo, no ano 350.
Chamáronse así
Dióxenes Laercio ou Diogenes Laertius (200 - 250) foi historiador e biógrafo dos antigos filósofos gregos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Diogenes | |
Catalán | Diògenes | |
Español | Diógenes | |
Éuscaro | Diogenes | |
Francés | Diògene | |
Inglés | Diogenes | |
Portugués | Diógenes |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]