Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Delfín, Delfina
Nome cristián
Pronuncia
Delfín:
Delfina:
Etimoloxía e historia
Do grego delphís que corresponde a tres cetáceos: 'golfiño' (Delphinus delphis), 'golfiño riscado' (Stenella ceruleoalba) e 'arroáz' (Tursiops truncatus). Posiblemente o nome teña que ver con delphýs 'útero' por ser un mamífero. Tamén é posible que teña que ver cun antigo nome étnico 'oriundo de Delfos', cidade costeira onde estaba o antigo oráculo de Apolo e meta de peregrinaxe precristiá.
Motivación
San Delfín (século IV), natural de Pamplona, foi bispo de Bordeos (Francia); no concilio de Zaragoza (380) contribuíu á condena do bispo galaico Prisciliano.
Santa Delfina (século XIV) foi esposa de santo Eleazar ou Ausiás de Sabran, nobre cabaleiro provenzal.
Cando no século XIV o Delfinado (Daufinat en occitano; Dauphiné en francés), provincia do sueste de Francia con capital en Grenoble, pasou á Coroa francesa, déuselle o título de delfín (dauphin) ao herdeiro do rei de Francia, empregado ininterrompidamente de 1349 a 1830. Por extensión, a palabra ‘delfín’ pasou a usarse comunmente para referirse ao sucesor oficial dun cargo.
Chamáronse así
Delfín Modesto Brandón, penúltimo xuíz ou alcalde do Couto Mixto, no século XIX.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Delphinus | |
Catalán | Delfí | Delfina |
Español | Delfín | Delfina |
Éuscaro | Delfin | |
Francés | Delphin | |
Dauphin | Dauphine | |
Inglés | Delphinus | |
Italiano | Delfino | Delfina |
Portugués | Delfim | Delfina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Delfín
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]