Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Cibrán
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Cibrán:
Variantes
Etimoloxía e historia
Do latín Cyprianus, nome étnico procedente do adxectivo cyprius 'de Chipre'. Tamén é relativo a Cipris ou Ciprina, sobrenome de Venus, porque cando naceu da escuma do mar foi levada a esta illa polos Céfiros. É un dos nomes galegos que se mantiveron como apelido e como topónimo.
Motivación
San Cibrán de Cartago (século III) converteuse no ano 246 e elixírono bispo no 249; decontado empezou a organizar a Igrexa de África. Está considerado un dos grandes teólogos e escritores latinos cristiáns. É dos santos máis antigos no culto hispánico. Como antes de se converter exercía a maxia atribuíuselle a autoría do Libro de San Cibrán coñecido en castelán como Ciprianillo, que se considerou unha guía para descubrir tesouros enterrados. Existe a lenda de que os saqueadores de mámoas confiaban moito neste libro.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Cyprian | |
Catalán | Ciprià | |
Cebrià | ||
Español | Cipriano | |
Cébrián | ||
Éuscaro | ||
Zipriano | ||
Francés | Cyprien | |
Inglés | Cyprian | |
Italiano | Cipriano | |
Portugués | Cipriano | |
Ciprião | ||
Cibrão | ||
Romanés | Ciprian | |
Ruso | Kiprian | Kipriana |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]