Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Benxamín
masculino
Nome bíblico
Pronuncia
Benxamín:
Hipocorísticos
Másculinos Benxa
Etimoloxía e historia
Do hebreo ben 'fillo' e jamin 'dereita': 'fillo da man dereita', isto é, 'fillo predilecto'. Hoxe emprégase co significado de 'fillo máis novo'. E o nome dun personaxe bíblico: o fillo máis novo de Xacob, que se chamaba orixinariamente Benonin 'fillo da miña dor', pois Raquel, súa nai, morrera no parto.
Motivación
No Antigo Testamento, Benxamín é o máis novo dos doce fillos do patriarca Xacob. Por tal condición, xunto con Xosé, foi o preferido do pai. É un nome que se adoitaba poñer nas familias numerosas ao que se consideraba que ía ser xa o fillo derradeiro. Houbo tamén un santo persa con este nome (século V).
Chamáronse así
Benjamin Franklin (1706-1790), inventor do pararraios e corredactor do manifesto da Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América (1770). Benjamin Disraeli (1804-1881), escritor e político inglés de ascendencia xudía, varias veces Primeiro Ministro de Gran Bretaña.
Benxamín Casal Vila (1935-2013), intelectual, escritor, economista e político galego.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Benjamin | |
Catalán | Benjamí | |
Español | Benjamín | |
Éuscaro | Benjamin | |
Francés | Benjamin | |
Inglés | Benny (hip.) | |
Benjamin | ||
Ben | ||
Italiano | Beniamino | |
Portugués | Benjamim | |
Romanés | Beniamin | |
Ruso | Veniamin |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Benxamín
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]