Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Zósimo
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do grego Zṓsimos 'vigoroso, vital', en relación con Zōē 'vida'. É un nome que puxeron moito os cristiáns de lingua grega e que vén sendo sinónimo do latino Vidal / Vital. Os dous tiñan unha referencia relixiosa á nova vida da graza tras o bautismo.
Motivación
San Zósimo foi un eremita da Tebaida morto no ano 440. Viviu no monte co gando bravo, que lle facilitaba o alimento. Esta lenda parece proceder dunha falsa etimoloxía popular que fai proceder este nome de zoon philos ‘amigo dos animais’.
Outro san Zósimo, de orixe grega, foi papa (417-418), o único con este nome; influído por san Patroclo, bispo de Arles, absolveu a Celestio e Pelaxio, considerados herexes (pelaxianos), o que ocasionou unha violenta reacción da Igrexa de África, dirixida por santo Agostiño; o papa recuou e condenou o pelaxianismo.
Houbo, así mesmo, outro san Zósimo, bispo de Siracusa (século VII), onde foi bispo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Zòsim | |
Español | Zósimo | |
Éuscaro | Zosima | |
Francés | Zósime | |
Inglés | Zósimus | |
Italiano | Zosimo | |
Portugués | Zósimo |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]