Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xonás
masculino
Nome bíblico
Etimoloxía e historia
Do hebreo Yonah 'pomba, pombo', a través do grego e despois do latín Ionas.
Motivación
Na Biblia, Xonás (século VIII a. C.) foi un dos profetas menores do Antigo Testamento. A súa historia é popular porque ao parecer permaneceu tres días no ventre dunha balea. Iavé mandárao ir a Nínive para que lles anunciase aos seus corrompidos habitantes terribles castigos se non facían penitencia. Xonás tivo medo e embarcou nun barco fenicio en dirección totalmente contraria. Os tripulantes desa nave acabaron por arrebolalo pola borda por consideralo gafe, negativo para a navegación. No mar tragouno unha balea, que o tivo no seu ventre tres días, ata que finalmente o expulsou. Unha vez liberado, acabou cumprindo a súa misión.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Jonas | |
Catalán | Jonàs | |
Español | Jonás | |
Éuscaro | Jonas | |
Francés | Jonas | |
Inglés | Jonas | |
Jonah | ||
Italiano | Giona | |
Portugués | Jonas |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]