Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Saúl
masculino
Nome bíblico
Pronuncia
Saúl:
Variantes
Etimoloxía e historia
Do hebreo Xâ'ûl 'implorado, obtido coas pregarias'. É un dos numerosos nomes hebreos que expresan agradecemento a Deus por un fillo longamente desexado. Segundo outra interpretación significaría 'emprestado, ofrecido' (sobreenténdese que a Deus). A través da Vulgata chegou a nós unha variante, Saulo, que deu un feminino Saula.
Motivación
Na Biblia, Saúl foi o primeiro rei de Israel, unxido polo profeta Samuel. Ao principio obtivo soadas vitorias contra os filisteus e mostrouse magnánimo, pero despois, envexoso da vitoria do pequeno David fronte ao xigante Goliath, perseguiuno con teimosía. Os seus accesos de melancolía só podían ser calmados pola música. Morreu traxicamente durante un combate contra os filisteus, ao ter noticia da morte dos seus fillos.
Tamén se chamaba así san Paulo antes da súa conversión.
Chamáronse así
O escritor estadounidense de orixe xudía Saul Bellow (1915-2005), Premio Nobel de Literatura en 1976.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Saule | |
Saül | ||
Español | Saulo | |
Saúl | ||
Éuscaro | Saulo | |
Saul | ||
Inglés | Saul | |
Italiano | Saul | |
Portugués | Saulo | |
Saul |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Saúl
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]