Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Anselma, Anselmo
Nome cristián
Pronuncia
Anselmo:
Hipocorísticos
Másculinos Selmo
Femininos Selma
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica e introdución recente, composto polas raíces Ans, nome dun semideus gótico, e helm ‘elmo, casco’.
Motivación
Santo Anselmo de Aosta ou de Canterbury (1033-1109) naceu no Val d’Aosta (Italia). Trasladouse a Inglaterra, onde foi nomeado bispo de Canterbury, e enfrontouse cos reis ingleses en defensa dos intereses da Igrexa de Roma. Como teólogo é coñecido pola chamada proba ontolóxica, un argumento dedutivo a priori a favor da existencia de Deus.
Chamáronse así
Anselmo Feijoo Montenegro (falecido en 1740), natural de Casdemiro (O Pereiro de Aguiar) como o seu irmán frei Benito, participou na Guerra de Sucesión española —en particular na defensa de Vigo en 1702, no episodio dos galeóns de Rande— e tamén foi escritor.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Anselm | |
Catalán | Anselm | |
Español | Anselmo | Anselma |
Éuscaro | Antselme | |
Antselmo | Antselma | |
Francés | Anselme | |
Inglés | Anselm | |
Portugués | Anselmo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Anselma
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]