Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ádega
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Ádega:
Variantes
Femininas Águeda
Etimoloxía e historia
Do grego agathé 'boa', a través da forma latina agatha, con troco de acento e que deu noutras linguas o nome Agata.
Motivación
Santa Ádega, segundo a tradición cristiá, foi unha nena de 13 anos martirizada en Catania (Sicilia) durante a persecución do emperador romano Decio.
Ádega é o nome da tía de Pedriño na novela de Castelao Os dous de sempre, e o da protagonista do poema “Flor de Santidad”, de Ramón María del Valle-Inclán.
Chamáronse así
Águeda de Vianney foi o pseudónimo empregado pola escritora coruñesa María Teresa López González (1928-2003), autora de novela rosa.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Agathe | |
| Agatha | ||
| Catalán | Ágata | |
| Español | Águeda | |
| Gadea | ||
| Ágata | ||
| Éuscaro | Gadea | |
| Agata | ||
| Agate | ||
| Francés | Agathe | |
| Inglés | Agatha | |
| Italiano | Agata | |
| Portugués | Agata | |
| Ágata | ||
| Águeda | ||
| Ruso | Agafia |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




