Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Antoíño, Antoíña
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Antoninus, xentilicio de Antonius, nome dunha familia romana.
Motivación
A dinastía dos Antoninos tivo o poder en Roma entre o 96 e o 192, e a ela pertenceron os emperadores Nerva, Traxano, Hadriano, Antonino Pío, Marco Aurelio e Cómodo.
Santo Antoíño, segundo a tradición, foi o primeiro bispo da cidade occitana de Pàmias (francés Pamiers) e evanxelizou a Galia Narbonense. É moi venerado nesta zona francesa e tamén na cidade castelá de Palencia.
Chamáronse así
O betanceiro Antolín Faraldo Asorey (1822-1853), ideólogo da chamada Revolución galega de 1846, primeira manifestación reivindicativa do galeguismo contemporáneo.
Antolín López Peláez (1866-1918), bispo de Jaca e historiador da igrexa de Lugo.
Na forma feminina, a compostelá Antonina Sanjurjo Aranaz (1910-1939), pioneira do deporte galego, considerada “nai” do hóckey sobre herba en Galicia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Antoninus | |
Catalán | Antolí | |
Español | Antolín | Antolina |
Éuscaro | Antolin | |
Andolin | Andoliñe | |
Francés | Antonin | |
Inglés | Antoninus | |
Italiano | Antonino | |
Portugués | Antonino | |
Antolino |
Antes e despois de Antoíño
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]