Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Antona, Antón
Nome cristián
Pronuncia
Antón:
Variantes
Hipocorísticos
Másculinos Antucho, Toneco, Tonecho, Tocho, Totono, Toniño, Ton, Tono, Toño, Tucho, Chuco
Femininos Tona, Tonecha, Toniña, Tucha
Etimoloxía e historia
Do latín Antonius, nome dunha gens romana (da que Marco Antonio foi o máis famoso), posiblemente de orixe etrusca, de significado escuro. Parece rexeitable a hipótese renacentista que o relaciona co grego ánthos 'flor', razón pola que existe en inglés unha variante con th. A carón da forma patrimonial Antón é frecuente o cultismo Antonio, que se difundiu a partir do século XVI pola influencia de santo Antonio de Lisboa ou de Padua.
Motivación
Santo Antón abade (séculos III-IV), ermitán en Exipto, foi patriarca dos cenobitas da Tebaida e levou unha vida solitaria no deserto, onde resistiu as tentacións do demo. Foi o primeiro anacoreta cristián. Por levar a súa imaxe como atributo iconográfico un porco (personificación literaria xa antiga da luxuria e, polo tanto, das tentacións do demo) pasou a ser protector dos animais domésticos, en especial dos porcos: lémbrese “o porquiño de santo Antón”, que andaba ceibo por moitas aldeas alimentado polos veciños.
Santo Antón (ou Antonio) de Lisboa (ou de Padua), frade franciscano que naceu en Lisboa (1195), morreu moi novo en Padua (1230), cando se dispoñía a marchar ao norte de África para evanxelizar os musulmáns. É o patrón dos animais, debido á confusión do seu nome co do santo Antón abade.
Chamáronse así
Nome moi popular que levaron persoeiros de renome universal, como os músicos Antonio Vivaldi (1648-1741), italiano, e Anton Webern (1883-1945), austríaco; escritores como o ruso Anton Chekhov (1860-1904), o francés Antoine de Saint-Exupéry (1900-1944) ou o español Antonio Machado (1875-1939);ou actores como Anthony Quinn (1915-2001), de orixe mexicana.
En Galicia, os escritores Antonio López Ferreiro (1837-1910), tamén historiador, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 2011; Antonio Noriega Varela (1869-1947), DLG de 1969; Antón Vilar Ponte (1881-1936), DLG de 1977; Antón Losada Diéguez (1884-1929), DLG de 1985; Antón Fraguas Fraguas (1905-1999), DLG de 2019; Antón Avilés de Taramancos (1935-1992), DLG 2003.
Na forma feminina, Antonia Ortiz Currais (1886-1985), mestra natural do Corgo, foi a primeira muller inspectora de Educación (1918). Antonia Ferrín (1914-2009), astrónoma e matemática ourensá. M.ª Antonia Dans (1922-1988) pintora galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Antonius | |
Anton | ||
Bretón | Anton | |
Catalán | Anton | Antònia |
Antoni | ||
Esloveno | Anton | |
Español | Antón | |
Antonio | Antonia | |
Éuscaro | Andoitza | |
Antton | ||
Antonio | Antonia | |
Antxon (hip.) | Antxone | |
Anton | ||
Andoni (hip.) | Andone | |
Francés | Antoine | Antoinette |
Inglés | Anthony | |
Antony | Antonia | |
Italiano | Antonio | |
Polaco | Antoni | |
Portugués | António | Antónia |
Antão | ||
Romanés | Anton | |
Ruso | Antoni |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Antona
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]