Convenio de colaboración entre a RAG e a Deputación da Coruña

5/12/17 |
Publicacións, un estudo arredor das competencias e usos lingüísticos na infancia ou os cursos de galego para persoas estranxeiras son algunhas das accións da Academia apoiadas pola entidade provincial a través do acordo asinado hoxe

O Portal das Palabras abre o prazo de presentación de candidaturas á Palabra do Ano 2017

4/12/17 |
O público pode enviar as súas propostas ata as doce da noite do 17 de decembro. As máis populares pasarán á segunda fase, na que se decidirá cal é o termo que mellor identifica o ano a piques de concluír

“Toda Rosalía está nos seus versos publicados. Nese sentido, a destrución das súas cartas por Murguía foi inútil”

2/12/17 |
Marina Mayoral ingresou na RAG como académica de honra cun discurso no que defende que o home da escritora acabou coa súa correspondencia para preservar a imaxe que construíra "dunha Rosalía mártir"

Ourense recorda o papel de Casares nas institucións

1/12/17 |
O Parlamento de Galicia celebrou en Ourense un encontro no que se repasou a traxectoria do escritor como deputado, membro da RAG ou presidente do Consello da Cultura

Vilagarcía recorda 'Cómaros verdes' nos setenta anos da súa publicación

29/11/17 |
O libro de Aquilino Iglesia Alvariño, a primeira obra de relevancia publicada en galego e en Galicia tras a Guerra Civil, imprimiuse nesta vila en 1947. O presidente da RAG participou na apertura da xornada, na que tamén interviñeron os adémicos Xesús Alonso Montero e Henrique Monteagudo

"As columnas de 'Á marxe' son unha novela aberta na que viaxamos pola vida"

24/11/17 |
Víctor F. Freixanes pechou o Simposio Carlos Casares cun relatorio sobre os artigos diarios do escritor. Xosé M. Pereiro e Ramón Loureiro tamén se detiveron nestes textos e Inma López Silva releunos desde a perspectiva de xénero. Álex Alonso analizou a responsablidade do intelectual en 'Deus sentado nun sillón azul'

Da oralidade e a historia de Galicia ao propio Casares na súa obra

23/11/17 |
A segunda xornada do simposio sobre a súa figura contou con novas achegas de María López Sández, Antón Riveiro Coello, Francisco Castro, Marilar Aleixandre e Henrique Monteagudo

Marilar Aleixandre gaña o XI Premio Raíña Lupa coa novela 'A filla do Minotauro'

23/11/17 |
O xurado valora a "relectura moi actual" que realiza da mitoloxía grega e os distintos niveis de lectura que permite. A académica é a primeira muller que gaña o certame de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña

O Simposio Carlos Casares arrinca cunha volta aos anos de mocidade e a procura de novos lectores

22/11/17 |
Arcadio López-Casanova recordou os 60 compartidos como estudantes. A procura de novos lectores do autor abordouse nunha mesa que analizou desde a atención que lle prestou á literatura infantil e xuvenil ata o proceso de simplificación da linguaxe a través dos cambios que introducía nas galeradas

Marina Mayoral ingresa na Real Academia Galega como membro de honra o 2 de decembro

20/11/17 |
A escritora e investigadora entrará na institución cun discurso titulado ‘Por que Murguía destruíu as cartas de Rosalía?'. O académico de número Xosé Luís Franco Grande daralle a resposta en nome da institución
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar